InicioM.ambiente e PatrimonioA construción dun miradoiro e dun aparcadoiro, proxectos anunciados pola Xunta para...

A construción dun miradoiro e dun aparcadoiro, proxectos anunciados pola Xunta para o Souto da Retorta

O Goberno autonómico cifra un investimento programado de case 103.000 euros ao longo dos próximos catro anos para impulsar o monumento natural

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia explicou na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento de Galicia, a petición do deputado do grupo popular, José Manuel Balseiro, algunhas das novidades incluídas no Plan de conservación do Souto da Retorta. O Goberno autonómico anunciou un investimento programado de case 103.000 euros para impulsar ao longo dos próximos catro anos as distintas actuacións de conservación e protección previstas.

A resposta correspondeu á Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, que confirmou que esta ferramenta sirve para identificar os valores que hai que protexer neste espazo e os posibles riscos que poidan afectalos, así como as normas de uso e aproveitamento do solo e dos recursos naturais, e as relativas ao uso público e ás actividades científicas e educativas.

Como principais novidades, confirmou varios aspectos de interese de cara á promoción e conservación do eucaliptal como é o caso da instalación dunha pequena infraestrutura tipo balcón ou miradoiro desde onde poder apreciar con maior claridade as dimensións dos eucaliptais monumentais. O coñecido como o Avó de Chavín está considerado unha das árbores meirandes desta especie de toda Europa.

MÁIS SINALIZACIÓN

Tamén confirmou que se están avaliando os terreos privados existentes neste espazo para súa posible adquisición e posterior creación dun aparcadoiro público e que se instalarán novos carteis de información xeral nas entradas do espazo natural, así como tamén para identificar as especies botánicas máis características ou os sendeiros existentes, que verán mellorado os seus firmes.

As medidas de conservación e xestión terán unha vixencia indefinida, sen prexuízo da posible actualización conforme ao estado da ciencia e da técnica, e sen prexuízo da aplicación das medidas de seguimento que correspondan. O plan busca acadar os seguintes obxectivos: conservar os exemplares monumentais de eucalipto; preservar a vexetación autóctona e os hábitats naturais e flora e fauna asociados; ordenar o uso público do espazo de forma compatible coa conservación dos valores do monumento natural; mellorar o coñecemento científico e técnico sobre o eucaliptal, así como os riscos e ameazas para a súa pervivencia; e fomentar a sensibilización e implicación social na súa conservación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...