IniciosociedadeA Covid-19 repunta na provincia con 114 casos novos en 24 horas;...

A Covid-19 repunta na provincia con 114 casos novos en 24 horas; Cervo sae de alerta e Xove entra en nivel 1

Efectuáronse 1.0008 PCR desde a anterior actualización, cun porcentaxe de positivos do 11,3%; dos 1.109 contaxiados, 51 permanecen ingresados, doce deles no Hospital Público da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 1.109, 56 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 114 positivos novos por PCR.

Dos 1.109 contaxiados, 51 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende doce pacientes con Covid-19, un máis, mentres que o HULA coida de 33 doentes, entre eles os seis da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos, e o centro hospitalario de Monforte de seis.

No histórico da provincia documéntanse 109 falecementos, 4.072 altas e 5.290 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 90.779 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.008 PCR, o 11,3% delas positivas.

No tocante ao mapa da situación epidemiolóxica, Cervo pasa da alerta naranxa á normalidade, con menos de sete positivos confirmados nos últimos sete días. Mantense en aviso de segundo grao de intensidade Viveiro, con entre 14 e 21 casos novos nese mesmo prazo. Xove entra en nivel 1 -entre 7 e 14 contaxios detectados na última semana-, no que seguen Burela e Foz.

9.554 CASOS ACTIVOS EN GALICIA, CON 640 POSITIVOS NOVOS

No tocante aos casos activos en Galicia, volven anotar un ascenso, de 22, ata o total de 9.554, con 640 positivos novos. Das sete áreas sanitarias, tres descenden este sábado o número de pacientes Covid-19 con respecto ao venres: Santiago, cun total de 1.085 (-43); Ourense, con 856 (-18); Ferrol, con 872 (-43).

Deste xeito, o resto aumentan a cifra de casos activos. A que concentra o maior número é Vigo, con 2.508 pacientes (+58); seguida pola Coruña, con 1.847 (+7); Pontevedra, con 1.277 (+7); e Lugo, con 1.109 (+56). Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...