InicioEconomíaOs dezasete tripulantes do Adviento Uno, con base en Burela, dan positivo...

Os dezasete tripulantes do Adviento Uno, con base en Burela, dan positivo por Covid-19

Os traballadores contaxiados xa están a pasar a corentena, sen que ningún presente síntomas graves

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A tripulación doutro barco da Mariña, neste caso o pesquero ‘Adviento Uno‘ con base en Burela, porto no que permanece amarrado, deu positivo por Covid-19, co que xa son catro os barcos da comarca que se viron afectadas pola pandemia, a segunda nesta nova onda de coronavirus.

Fontes sanitarias confirmaron a EFE que deron positivo 17 tripulantes do barco, que xa se atopan en corentena. Ningún dos mariñeiros manifestou de momento síntomas graves.

Dáse a circunstacia de que a tripulación doutro pesqueiro mariñao, neste caso de Celeiro (Viveiro), o ‘Sempre Antares‘, viuse tamén afectada nos últimos días como consecuencia dun contaxio masivo de coronarivus. De feito, un tripulante de 56 anos faleceu e tres dos seus compañeiros tiveron que ser hospitalizados, un en Burela e outro en Lugo.

Outros nove membros da tripulación deron positivo nas probas PCR practicadas polas autoridades sanitarias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...