InicioCulturaO documental sobre Moncho Reboiras chegará a Ribadeo o vindeiro domingo

O documental sobre Moncho Reboiras chegará a Ribadeo o vindeiro domingo

O director do filme, Alberte Mera, charlará cos espectadores ao final da proxección, nunha actividade organizada pola asociación Francisco Lanza e o Concello

Publicada o

A Asociación Francisco Lanza de Ribadeo proxectará o vindeiro domingo, 22 de novembro, o filme de Alberte Mera ‘Reboiras, acción e corazón‘. Nel lembra, a través de moitos testemuños, a figura do “patriota galego e loitador antifranquista” que foi asasinado pola Policía nos ultimos tempos da ditadura.
Hoxe, Reboiras está recoñecido oficialmente polo Ministerio de Xustiza como “vítima do franquismo”. Na proxección estará presente o propio director, “co que poderemos conversar sobre o filme unha vez finalice”, explica a agrupación.
Esta actividade está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e a Concellería de Cultura do Concello de Ribadeo. Será no cine de Ribadeo, ás 19.30 horas. O aforamento estará limitado a 60 persoas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...