InicioCulturaO grupo da Asociación A Mariña abre este domingo en Ribadeo o...

O grupo da Asociación A Mariña abre este domingo en Ribadeo o Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación

O programa consta de máis de 40 actuacións, que recrearán un total de quince compañías

Publicada o

- Advertisement -

Este sábado arranca o Circuíto de Teatro Afeccionado da área de Cultura, que programa máis de 40 actuacións pola xeografía da provincia desde esta fin de semana ata final de ano.

Un total de quince compañías participan nesta iniciativa que dá pulo ao teatro amador nun ano condicionado pola incidencia da crise sanitaria nas programacións culturais, especialmente no ámbito das artes escénicas. Alentía Teatro, Nova Escena Teatro, Os Palimoquiños, Curuxán Teatro Impro, Hipócrita Teatro, Os Baluros, Os Trocos, A Adala, A Mariña, Asociación Cultural Abrente, Grupo de Teatro Viraventos, Teatreiras, Lume Escénico, O Torques e Pico do Castro representarán os seus espectáculos nunha vintena de municipios.

A programación, organizada en colaboración cos Concellos e coas asociacións culturais que facilitan os espazos para as representacións, inclúe pezas para todos os públicos e con distintos rexistros, desde o drama ata a comedia.

O Circuíto de Teatro Afeccionado artellouse neste 2020 para dar continuidade á actividade do Buxiganga, unha convocatoria que non puido repetirse este ano polas dificultades que a situación sanitaria creaba á hora de concretar datas e horarios coa antelación que requería o procedemento habitual.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, explicou que “con esta alternativa puntual apoiamos a labor das compañías amadoras espalladas polas comarcas, moitas delas creadas a raíz da labor de promoción e formación do Buxiganga”.

Ferreiro incidiu na aposta da área por manter a actividade cultural, cumprindo cos protocolos e as indicacións sanitarias vixentes en cada lugar e momento.

PRIMEIRAS ACTUACIÓNS

As primeiras representacións do Circuíto de Teatro Afeccionado terán lugar esta fin de semana en Ribadeo, A Pastoriza e Pantón.

Sábado 28 de novembro, actuación da compañía A Mariña que representa “A maxia dos sentimentos” no teatro de Ribadeo, ás 17.30 horas.

Sábado 28 de novembro, actuación de Os Baluros, coa obra “Menciñeiro á forza” no centro sociocultural da Reigosa ás 20.30 horas.

Domingo 29 de novembro, actuación de Hipócrita Teatro, que representa a obra “Hotel Desencanto” nan na Casa da Cultura de Pantón ás 18.00 horas.

CALENDARIO

Neste cadro podes consultar o calendario de actuacións.

Concello /Asociación Grupo de Teatro Obra Espazo Hora
sábado 28 de novembro ASOCIACIÓN DE REIGOSA OS BALUROS MENCIÑEIRO Á FORZA CASA SOCIOCULTURAL DE REIGOSA (A PASTORIZA) 20:30
domingo 29 novembro CONCELLO DE RIBADEO A MARIÑA A MAXIA DOS SENTEMENTOS TEATRO DE RIBADEO 17:30
CONCELLO DE PANTÓN HIPÓCRITA TEATRO HOTEL DESENCANTO CASA DA CULTURA 18:00
sábado 5 de decembro CARBALLO VIVO OS TROCOS POR UN PUÑADO DE GRELOS CENTRO SOCIOCULTURAL DE FRIOL 17:00
CONCELLO DE QUIROGA ALENTÍA TEATRO TECEDORAS DE SOÑOS AUDITORIO MUNICIPAL 18:00
AAVV O SAN MIGUEL O TORQUES O RANDIÑA LOCAL DA ASOCIACIÓN NAS NEGRADAS

(O VICEDO)

17:00
CONCELLO DE FOZ NOVA ESCENA TEATRO AS FILLAS DE EVA CENTRO SOCIAL DE VILARONTE – TELECLUBE 20:00
domingo 6 de decembro CONCELLO DE QUIROGA O TORQUES O RANDIÑA AUDITORIO MUNICIPAL 18:00
TEATREIRAS ALENTÍA TEATRO TECEDORAS DE SOÑOS CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO 12:00
CONCELLO DE ALFOZ CURUXAN TEATRO IMPRO IMPROVINCIA CASA DA CULTURA 19:00
sábado 12 de decembro CARBALLO VIVO METÁTESE TEATRO DETRÁS DAS MÁSCARAS CENTRO SOCIOCULTURAL DE FRIOL 17:00
CONCELLO DE RIOTORTO LUME ESCÉNICO COUSAS DE BARES CENTRO SOCIOCULTURAL 21:00
CONCELLO DE O VICEDO PICO DO CASTRO O TERAPEUTA CASA DA CULTURA 20:00
CONCELLO DE RIBADEO OS PALIMOQUIÑOS BORRALLIÑA TEATRO DE RIBADEO 17:30
CONCELLO DE SARRIA HIPÓCRITA TEATRO HOTEL DESENCANTO CASA DA CULTURA 20:00
domingo 13 de decembro CONCELLO DE MONFORTE NOVA ESCENA TEATRO AS FILLAS DE EVA CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO 20:00
REBULDEIRA TEATRO A MARIÑA A MAXIA DOS SENTEMENTOS CASA DA CULTURA DE SARRIA 19:00
CONCELLO DE PANTÓN CURUXAN TEATRO IMPRO IMPROVINCIA CASA DA CULTURA 18:00
venres 18 de decembro CONCELLO DE ALFOZ OS BALUROS MENCIÑEIRO Á FORZA CASA DA CULTURA 20:00
sábado 19 de decembro CONCELLO DE POL METÁTESE TEATRO DETRÁS DAS MÁSCARAS CENTRO SOCIOCULTURAL DE MOSTEIRO 18:00
CONCELLO DE O VALADOURO ASOCIACIÓN CULTURAL ABRENTE O AEROPORTO DA VALIÑA CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL LOURENZO 19:00
CONCELLO DE BURELA O TORQUES O RANDIÑA CASA DA CULTURA 20:30
CONCELLO DE RIOTORTO OS TROCOS POR UN PUÑADO DE GRELOS CENTRO SOCIOCULTURAL 21:00
CONCELLO DE SARRIA OS PALIMOQUIÑOS BORRALLIÑA CASA DA CULTURA 20:00
CONCELLO DE MONFORTE HIPÓCRITA TEATRO HOTEL DESENCANTO CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO 20:00
ASOCIACIÓN DE REIGOSA LUME ESCÉNICO COUSAS DE BARES CASA SOCIOCULTURAL DE REIGOSA 21:00
domingo 20 de decembro CONCELLO DE POL ASOCIACIÓN CULTURAL ABRENTE O AEROPORTO DA VALIÑA CENTRO SOCIOCULTURAL DE MOSTEIRO 19:00
CONCELLO DE O VICEDO LUME ESCÉNICO COUSAS DE BARES CASA DA CULTURA 19:00
ASOCIACIÓN COMERCIANTES DE SAMOS METÁTESE TEATRO DETRÁS DAS MÁSCARAS PÓRTICO – BAIXO CONCELLO 17:00
REBULDEIRA TEATRO VIRAVENTOS SUCESOS CASA DA CULTURA DE SARRIA 19:00
CONCELLO DE XOVE CURUXAN TEATRO IMPRO IMPROVINCIA CENTRO CÍVICO 19:00
sábado 26 de decembro CONCELLO DO VALADOURO OS TROCOS POR UN PUÑADO DE GRELOS CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL LOURENZO 19:00
CONCELLO DE A FONSAGRADA ASOCIACIÓN CULTURAL ABRENTE O AEROPORTO DA VALIÑA SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL OS CHAOS 19:00

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...