InicioPolíticaViveiro demandará a Augas de Galicia "prazos concretos" para o saneamento da...

Viveiro demandará a Augas de Galicia “prazos concretos” para o saneamento da ría

A alcaldesa María Loureiro reunirase o vindeiro martes coa nova directora do organismo público

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, reunirase o vindeiro martes en Santiago de Compostela coa directora de Augas de Galicia para reclamar avances nos traballos de saneamento da ría e do emisario, actuacións comprometidas nun convenio asinado polo concello e o organismo autonómico en setembro de 2016.

A rexedora demandaralle “información e prazos concretos” á nova responsable da entidade, Teresa Gutiérrez, no cargo desde o 8 de outubro. “O saneamento da ría leva tres anos orzamentado pero aínda non se fixo nada”, lamentou Loureiro, quen solicitou a xuntanza a comezos de setembro.

As obras non comezaron malia que nos dous últimos anos se consignaron partidas nos orzamentos do goberno galego

“Os orzamentos son moi pobres pero o problema é que nin sequera se executan”, explicou a alcaldesa en relación coas partidas consignadas estes anos para o saneamento da ría: 1 millón de euros (2017), 250.000 euros (2018) e 466.000 euros (previsión para 2019).

“Acontece o mesmo cos galpóns do peirao, tamén contemplados nos orzamentos destes anos, pero aínda sen derrubar”, expón Loureiro.

TRES MILLÓNS DE EUROS

O acordo asinado para o saneamento da ría e a mellora da EDAR de Viveiro comprometía un investimento de tres millóns de euros por parte do goberno autonómico.

As actuacións previstas pasan por unha nova estación de bombeo en Celeiro, un depósito de retención e pretratamento, a optimización da depuradora e a instalación dun emisario submarino de 858 metros.

A Unión Europea advertiu a España polos verquidos de augas residuais á ría de Viveiro en 2010

DENUNCIAS

Os verquidos do tubo á ría provocaron denuncias dos pescadores deportivos o pasado setembro.

Porén, as deficiencias no saneamento foron sinaladas xa en 2010 pola Unión Europea que denunciou a España ante o tribunal de xustiza comunitario ao constatar o verquido de augas residuais sen sanear ao mar.

PXOM

A rexedora tamén demandará unha “explicación” en relación co informe que Augas de Galicia debe emitir en relación co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Loureiro subliñou a necesidade dunha “previsión” para avanzar na aprobación do documento, “un asunto urxente e esencial” para o concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...