EFE. Funcionarios da Delegación Territorial da Consellería de Medio Ambiente están a redactar un informe sobre o sucedido onte na praia das Catedrais, onde un importante desprendemento de rochas deixou seriamente danado un dos arcos pétreos que configuran a singular paisaxe deste Monumento Natural, un dos lugares máis visitados de Galicia.
Fuentes da propia Consellería informaron a Efe de que onte mesmo desprazáronse ao areal axentes ambientais da Xunta de Galicia, así como persoal técnico da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para realizar unha primeira valoración dos anos. Agora, aclaran, seguirase o “procedemento habitual” nestes casos, de modo que se redactará un informe sobre o sucedido, para analizar que tipo de medidas haberá que adoptar, para protexer e preservar esta paisaxe única, sometida a unha forte erosión como consecuencia das inclemencias do tempo e a propia acción do mar.
Desde a Xunta lembran, así mesmo, que sobre a praia de As Catedrais teñen competencia tres administracións, dado que ademais da Consellería de Medio Ambiente, tamén Costas, que depende do Ministerio, ten responsabilidades sobre a seguridade do areal e o propio Concello de Ribadeo.
Precisamente, o alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, asegurou, en declaracións aos medios de comunicación, “que o desprendimento” que se produciu onte na praia das Catedrais é, en realidade, “un fenómeno inherente á costa cantábrica, derivado da propia acción da natureza”. Por iso, opina que as administracións implicadas no coidado deste Monumento Natural deben “tomar medidas preventivas”, pero os cidadáns tamén deben tomar “conciencia de elas” e facer “moito caso das indicacións que se atoparán” cando visiten o areal. “En Ribadeo somos privilexiados por contar cunha fermosísima costa, pero todos, tanto os ribadenses como os visitantes, temos que ser conscientes das súas especiais características, tanto para o bo como para o malo”, engadiu.