O número de casos activos de coronavirus nos centros educativos da Mariña Lucense mantense en 15, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). En Foz, que acumulaba a maioría dos positivos, houbo tres altas, na escola infantil e no IES, mentres que en Ribadeo coñecéronse tres novos contaxios, no CPR Sagrado Corazón e no IES Dionisio Gamallo Fierros.
CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)
BURELA IES Perdouro 1 0 0
FOZ CEIP O Cantel 3 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 3 0 0
(dúas altas na escola infantil de Foz)
(unha alta no IES de Foz)
LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0
MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0
RIBADEO CIFP Porta da Auga 2 0 0
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 3 0 0 (dous máis)
RIBADEO IES Dionisio Gamallo 1 0 0 (novo)