IniciosociedadeViveiro lanza apps para enviar cartas aos Reis Magos, con respostas personalizadas,...

Viveiro lanza apps para enviar cartas aos Reis Magos, con respostas personalizadas, e para unha gymcana

'Tras os Pasos do Elfo' contén actividades online e offline pensadas para realizar en familia

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro animará un Nadal distinto por mor da Covid-19 con tres actividades pensadas para realizar en familia e que cumpren o protocolo de seguridade para evitar contaxios.

A delegación de Cultura do Concello de Viveiro, que dirixe Lara Fernández, creou unha app para enviar postais reais aos Reis Magos, de xeito que os nenos e nenas do municipio poidan comunicar por carta a Melchor, Gaspar e Baltasar os seus desexos para o 6 de xaneiro.

Desde o Concello animan ás crianzas a contarlles ás súas Maxestades como lles foi e que fixeron durante un ano tan atípico como o 2020, que propósitos teñen para o 2021 e pedir algún agasallo. As misivas escanearanse ou fotografaranse e subiranse de forma sinxela á web https://www.postaisreais.com/, co 28 de decembro como data límite para facelo. Todos aqueles pequenos e pequenas que participen recibirán unha resposta personalizada dun paxe real designado polos Monarcas de Oriente para a ocasión.

UN PERCORRIDO CON CULTURAL CON PISTAS POLA CIDADE

Por outra banda, a app ‘Tras os Pasos do Elfo’ permitirá a nenos e grandes participar nunha gymcana con actividades tanto online como offline. Trátase dun percorrido cultural que agocha pistas en distintos lugares de Viveiro. Coa primeira delas obterase un código, que permitirá abrir unha das portas da web. Na páxina hai distintas probas e adiviñas –xogos de memoria, puzles, sopas de letras ou quebracabezas– que resolver. A última pista leva ao Elfo, a quen se lle poderá entregar unha carta para un buzón de Papá Noel disposto en colaboración do Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV). As dúas aplicacións son gratuítas.

“Temos que adaptarnos á situación derivada da pandemia pero nunca esquecer que o Nadal é un tempo máxico para os nenos e nenas; pasaron un ano complicado e merecen unhas boas festas”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O GOBERNO LOCAL CONVIDA ÁS FAMILIAS A ENVIAR FELICITACIÓNS DE ANINOVO PARA UN VÍDEO CONXUNTO

Finalmente, o Concello convida ás familias de Viveiro a mandar un vídeo breve (duración máxima de 15 segundos) felicitando o 2021, coa fin de facer unha peza audiovisual de felicitación de Aninovo conxunta.

A Concellería de Cultura anima á veciñanza a ser creativa e amosar o seu sentido do humor, ou simplemente a espoñer nun brinde os seus mellores desexos de cara ao ano que vén. As persoas que queiran participar poden enviar os seus vídeos ao número de whatsapp: 676.877.799.

Sen prexuízo da programación cultural de Nadal, estas tres actividades pretenden ofrecer unha alternativa de ocio para grandes e pequenos. Fano tentando manter o espírito familiar e de comunidade e as tradicións do Nadal e evitar as aglomeracións, tal e como recomendan as autoridades sanitarias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...