IniciosociedadeAs rebaixas fiscais a Norvento, aprobadas en solitario polo goberno de Mondoñedo,...

As rebaixas fiscais a Norvento, aprobadas en solitario polo goberno de Mondoñedo, enfrontan a PP e PSOE

A alcaldesa lembra que houbo unanimidade a favor das ordenanzas do IBI, IAE e Icio, mentres que a voceira socialista afirma que os acordos "estaban enfocados a PEMES e autónomos"

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de goberno de Mondoñedo aprobou o pasado venres en solitario a declaración de especial interese municipal do parque eólico de Sasdónigas, que proxecta a empresa Norvento.

A aprobación da proposta, que suporá reducións fiscais para a empresa no imposto de tributos como o Imposto sobre as construcións, instalacións e obras (Icio), provocou un cruce de acusacións entre a alcaldesa, a popular Elena Candia, e a voceira dos socialistas no municipio, Esperanza González.

González cifrou en “110.000 euros” a rebaixa do “50%” do Icio da que se beneficiará a empresa, unha cantidade que “os mindonienses non se poden permitir o luxo de deixar de percibir”.

A voceira do PSdeG de Mondoñedo acusa a Candia de “actuar como accionista de Norvento en vez de defender os dereitos dos veciños”.

A dirixente socialista lamenta que o municipio será o primeiro de Galicia en rebaixar un imposto pola creación de cinco postos de traballo a unha empresa que conta con máis de 20 millóns de euros de beneficios”.

UNANIMIDADE

A alcaldesa, pola súa banda, lembra que “a modificación das ordenanzas do IBI, IAE e Icio que aprobou a corporación mindoniense contou co voto favorable de todos os grupos con representación, incluído o PSdeG”.

Ademais, recorda que a adhesión ao conveniodoing business” obtivo tamén o “voto favorable do PSOE”.

Mentres que González defende que estes acordos “estaban enfocados en axudar ás PEMES e autonómos e non a empresas millonarias”, Candia insiste en que “seguirá traballando para crear emprego” e que “sempre que unha empresa se comprometa a xerar postos de traballo terá posibilidade a acollerse a incentivos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...