InicioCulturaDoce poetas da Mariña e o Occidente Asturiano participan no ciclo audiovisual...

Doce poetas da Mariña e o Occidente Asturiano participan no ciclo audiovisual “Goxo de pano fino”

Olalla Cociña, Ugía Pedreira ou Quique Roxíos, entre outros, protagonizan as pezas audiovisuais, que patrocina a Deputación de Lugo e que se emitirán desde este mércores

Publicada o

- Advertisement -

A área de Cultura da Deputación de Lugo, que dirixe a nacionalista Maite García Ferreiro, promove o ciclo de poesía multidisciplinar ‘Goxo de pano fino‘, que reúne doce creadores e creadoras da Mariña Lucense e o Occidente Asturiano.

Baixo a dirección artística de Ugía Pedreira coa asistencia de Marina Oural, o proxecto inclúe doce pezas audiovisuais nos que os artistas se expresan a través da palabra – escrita, declamada, improvisada ou rapeada – desde os seus “refuxios creativos”.

Ás voces poéticas de Ugía Pedreira (en Vilavedelle, Castropol) e Marina Oural (en Alaxe, San XurxoLourenzá) súmanse as de Quique Roxíos (Roxíos, Bual), Eloy Couceiro (en Valdepares, El Franco), Emilio López (en A Escabelada, Pousada, Lourenzá), Olalla Cociña (en Aguieira, A Rigueira, Xove), Moisés Cima (en Mouguías, Cuaña), Vanina Bailone (en Mexota, Tapia de Casariego), Miguel Rodríguez Monteavaro (en El Valle del Salgueirín, A Cruz, Bual), Eva Rosado (no Mirador de Santa Gadea, en Castropol), Alejandro Fernández (en Viavélez, El Franco) e Kiko Poe (en Fuentes Cabadas, Bual).

“O fío conductor do ciclo é a liña de pensamento entre o íntimo do individuo que se engarza coa sociedade actual, convertendo o verso en patrimonio contemporáneo vivo desde a expresión popular e o espazo natural. As creacións no Goxo randean coa investigación da arte vinculada ao espacio físico rural: un arquipélago diverso da poesía, corpo social, legado e compromiso cultural coas marxes que se tocan”, explica Ugía Pedreira sobre o proxecto, que xurdiu “na incertidume da pandemia mundial”.

As pezas audiovisuais –con montaxe de Eloy Couceiro e produción executiva de Mialma Produciois– difundiranse desde este mércores na canle de Youtube e nas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e remitiranse a centros de ensino, salas de exposicións, bibliotecas, centros culturais e concellos nos que foron gravados polos artistas participantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...