- Advertisement -
Unha iniciativa do IES do Milladoiro xunto con outros centros educativos “expandirá” a obra de Carvalho Calero mediante as ondas da radio. É un proxecto que busca difundir a obra do autor mediante a lectura de breves fragmentos da súa obra que serán gravados e logo emitidos desde o programa Proxecto Neo do IES Perdouro de Burela.
En principio espérase a participación de trinta centros, entre eles o de Milladoiro e o IES Perdouro de Burela, que será desde onde se emitan as gravacións o día 22 de decembro. A emisión foi unha proposta de Bernardo Penabade, profesor neste instituto da Mariña e será un programa con algunhas lecturas seleccionadas previamente. Le a información completa no Galicia Confidencial.