O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 433, 29 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 15 positivos novos por PCR.
Dos 433 contaxiados, 23 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende tres pacientes con Covid-19, os mesmos que o centro hospitalario de Monforte; o HULA coida de 17 positivos, entre eles os cinco da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos.
No histórico da provincia documéntanse 141 defuncións –a máis recente a dunha usuaria do xeriátrico de Guntín-, 6.133 altas e 6.708 contaxiados. Fixéronse 115.604 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 990 probas.
No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, os positivos confirmados nos últimos 14 días en Viveiro continúan aumento, dos 20 de onte aos 24 deste xoves. En Burela documentáronse 14 contaxios nas últimas dúas semanas.
O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Riotorto son os municipios da comarca da Mariña libres de Covid-19, mentres que nos restantes –Xove, Cervo, Foz, Alfoz, Ribadeo, Trabada e A Pontenova– detectáronse entre un e nove positivos no prazo anteriormente mencionado.
Le a información completa a nivel galego no Galicia Confidencial.
CENTROS EDUCATIVOS
CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)
VIVEIRO E.I Municipal Garabatos 1 1 0
ALFOZ CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro 1 0 0
ALFOZ IES Alfoz – Valadouro 1 0 0
BURELA CEIP Plurilingüe Virxe do Carme 1 0 0
CERVO CEIP de Cervo 1 0 0
FOZ IES de Foz 1 0 0
RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 1 0 0
RIBADEO IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 1 0 0
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 1 0 0