IniciosociedadeA N-642 entre Ribadeo e Porto segue un ano máis entre os...

A N-642 entre Ribadeo e Porto segue un ano máis entre os treitos de estrada máis perigosos de España

O décimo oitavo informe de EuroRAP sitúa o tramo entre os cruzamentos coa N-640 e N-634 no cuarto lugar entre os máis inseguros a nivel estatal

Publicada o

- Advertisement -

EFE. As estradas de Aragón, Asturias e Galicia son as que contan con máis tramos perigosos, segundo o XVIII Informe EuroRAP, no que participa o Real Automóbil Club de España (RACE), que analizou 25.082 quilómetros da rede viaria española.

Este estudo, que evalúa cada ano as estradas interurbanas de titularidade estatal, ten como obxectivo identificar os tramos con maior risco de accidente grave ou mortal en función da cantidade de vehículos que circulan por eles.

GALICIA E ASTURIAS, ENTRE AS TRES COMUNIDADES CON MÁIS TREITOS COMPROMETIDOS

Así, conclúe que as comunidades autónomas con maior porcentaxe de vías de risco elevado son Aragón, co 17,7 por cento do total, por diante de Asturias (13,9%) e Galicia (10,8%).

Estrada convencional, calzada única, interseccións ao mesmo nivel e volume de tráfico inferior a 20.000 vehículos por día son os trazos que caracterizan os 2.161 quilómetros na Rede de Estradas do Estado catalogados como de risco elevado, dos cales máis de 720 quilómetros son de risco alto.

En Aragón, que avantaxa con gran diferenza ao resto de autonomías, polo menos 392 quilómetros dos 2.220 analizados teñen un elevado risco para a seguridade dos usuarios.

As estradas de Asturias contan con 107,5 quilómetros de risco dos 774 analizados, en tanto que dos 2.158 quilómetros supervisados de Galicia, 232 poden considerarse “puntos negros“.

No lado oposto, á cola do índice de risco, sitúanse a Comunidade de Madrid, Navarra e País Vasco, con 0 quilómetros vulnerables.

Lista das estradas máis perigosas do Estado. EURORAP

EuroRAP 2020 sinalou nove tramos negros, un máis que o ano anterior. Deste xeito, destaca como o máis perigoso a N-240 entre o quilómetro 303 e 316,8 en Huesca.

Séguenlle o tramo da N-541 entre os puntos quilométricos 23,5 e o 33,6, en Ourense; o da N-345 en Murcia (entre o km 0 e o 7,2); o da N-642 en Lugo (do km 0 ao 8,2); o da N-550 na Coruña (do km 26,8 ao 36,9); e o da N-340 en Málaga (entre o km 296,4 e o 312,9).

O MÁIS INSEGURO DE ESPAÑA NO 2018

Completan esta lista dos nove tramos máis perigosos o da N-433 en Huelva (do km 113,8 ao 127,5); o da N-601 en León (do km 285,3 ao 300,4), e o da N-330 en Valencia (entre o km 188 e o 210,4).

O informe recorda que existen catro puntos negros que se repetiron nos últimos estudos, como o da N-642 en Galicia entre os quilómetros 0,0 e 8,2 (cruzamento coa N-640 e cruzamento coa N-634 en Ribadeo). Este treito foi o considerado máis perigoso de España en 2018.

Nesta estrada, segundo o informe, déronse dous accidentes graves, sen vítimas mortais. O índice de risco é de 96,2.

Ademais, a N-640, que comeza no Occidente de Asturias (Barres, Castropol), está tamén na listaxe, en concreto o treito entre os puntos quilométricos 11 e 25.

Podes ler nesta ligazón o informe completo de EuroRAP.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...