IniciosociedadeOito positivos confirmados, tres de usuarios, na residencia de Xove

Oito positivos confirmados, tres de usuarios, na residencia de Xove

No tocante á situación epidemiolóxica, Viveiro conta 53 casos novos nos últimos 14 días, por 26 do municipio xovense; en Burela detectáronse 16 e en Ribadeo dez

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus sobe a 382, doce máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este 25 de decembro polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas detectáronse 23 positivos novos por PCR.

Dos 382 contaxiados, 13 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña coida de tres pacientes con Covid-19, o HULA nove -entre eles os tres da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e o centro hospitalario de Monforte un.

No histórico da provincia documéntanse 144 defuncións, 6.376 altas e 6.904 casos acumulados. Fixéronse 121.740 PCR, o que implica que desde a anterior actualización efectuáronse 948 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, Viveiro conta 53 positivos novos nos últimos 14 días, por 26 de Xove. Burela conta 16 e Ribadeo dez. Só Mondoñedo e Lourenzá están libres de Covid-19; o resto dos municipios mariñaos teñen entre un e nove positivos confirmados nas últimas dúas semanas.

NOVO CASO NO XERIÁTRICO DE TRABADA

Tres positivos de usuarios e catro novos de traballadores foron detectados nas últimas horas na residencia de Xove.

MAIORES

1 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia San Salvador (Guntín)

3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia de Trabada

3 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

2 Residencia San Salvador (Guntín)

11 Residencia Asilo de Vilalba

5 Residencia San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

1 Centro Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria

En Trabada, a Deputación de Lugo comunicou que realizará mañá saábado un total de 54 probas PCR: 27 a residentes e 27 a traballadores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...