A Deputación de Lugo confirmou esta tarde de luns que os resultados dos cribados masivos realizados tanto a residentes como a traballadores do centro de maiores de Trabada foron todos negativos, de xeito que se confirmou que o caso documentado o pasado 24 de decembro foi un falso contaxio. Deste xeito, o xeriátrico trabadense está libre de Covid-19.
Segundo concreta o goberno provincial, os resultados das probas efectuadas pola Deputación son coincidentes cos realizados pola propia autoridade sanitaria, o Servizo Galego de Saúde (Sergas).
A Deputación de Lugo recibe “con satisfacción” este resultado e argumenta que “os protocolos de seguridade” que aplica nos centros de maiores da súa titularidade “están dando bo resultado”.
Desta maneira, nos xeriátricos da Mariña quedan os seguintes positivos, segundo o reconto diario da Xunta de Galicia:
MAIORES
13 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
3 Residencia San Bartolomeu de Xove
TRABALLADORES
5 Residencia San Bartolomeu (Xove)
1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (relixiosa)
O reconto do Goberno autonómico inclúe tamén casos na residencia de San Cibrao (Cervo) e de Foz; desde o Concello cervense aclaran que non hai casos activos no xeriátrico e desde o focego confirman que se trata dun falso positivo.