O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou un caso da cepa británica nunha paciente da área sanitaria de Santiago procedente do Reino Unido. Tal e como adiantou xa Galicia Confidencial o pasado luns, finalmente, os casos de estudo deron como resultado un positivo confirmado.
Segundo explicou na mañá deste mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, hai outros seis casos en estudo na Mariña Lucense. Trátase dun grupo familiar de cinco persoas, ademais dunha sexta persoa que é un contacto estreito. Un destes pacientes proviña de Reino Unido. Fíxoselles a proba de Covid-19 porque presentan síntomas, pero aínda non se dispón do resultado.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.