IniciosociedadeSeguen a aumentar os casos de Covid-19 a 14 días en Xove,...

Seguen a aumentar os casos de Covid-19 a 14 días en Xove, 76, e Viveiro, 64

En Burela confirmáronse 25 contaxios nas últimas dúas semanas, por 28 de Ribadeo; o Hospital da Mariña atende dez pacientes positivos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 507 (24 máis ca onte) segundo o reconto ofrecido este luns, 4 de xaneiro, polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 57 novos casos por PCR.

Dos 507 contaxiados, 17 permanecen ingresados (un menos). O Hospital Público da Mariña atende dez pacientes con Covid-19 (un máis) -case o 59% do total na provincia-, por catro o HULA e tres o centro hospitalario de Monforte. Non hai doentes positivos nas unidades de coidados intensivos da área sanitaria.

No histórico da provincia documéntanse 145 falecementos, 6.629 altas e 7.283 casos acumulados. Fixéronse 127.325 PCR.

No tocante á situación epidemiolóxica, Xove suma 76 positivos confirmados nos últimos 14 días (tres máis ca os comunicados onte), mentres que Viveiro suma 64 nese mesmo período, nove máis dos confirmados na anterior actualización. Estes dous municipios permanecen pechados perimetralmente, o viveirense coas máximas restricións, á espera da reunión, este luns, do comité clínico da Xunta de Galicia.

En Burela confirmáronse 25 contaxios nas últimas dúas semanas (dous máis), mentres que Ribadeo mantense con 28. Foz suma dez. O resto dos municipios mariñaos teñen menos dunha decena de infeccións localizadas nese mesmo prazo, e Lourenzá e Barreiros son os únicos concellos da comarca libres de Covid-19.

A maior parte dos casos de coronavirus en Viveiro “responden a persoas asintomáticas ou con síntomas leves“, pero desde o Concello fan de novo “un chamamento á responsabilidade individual para frear o aumento de casos”.

O Concello pediu “un esforzo conxunto” para “respectar os protocolos e as recomendacións, evitando a interacción social en espazos interiores, retirando só a máscara para comer ou beber nos locais de hostalería e pasando o maior tempo posible cos convivintes”.

RESIDENCIAS

MAIORES

19 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

14 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia Domusvi Viveiro

10 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...