IniciosociedadeFalece en Ourense unha usuaria da residencia de Xove, de 87 anos...

Falece en Ourense unha usuaria da residencia de Xove, de 87 anos e diagnosticada de Covid-19

Outras seis persoas positivas morreron nas últimas horas en Galicia, segundo confirmou o Sergas

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller de 87 anos, procedente da residencia de Xove e diagnosticada de Covid-19, faleceu nas últimas horas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU), segundo concretaron a última hora da tarde deste luns fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Os usuarios positivos do abrocho da residencia San Bartolomeu, que xestiona a Fundación San Rosendo, estaban a ser trasladados tanto ao xeriátrico medicalizado de Santiago de Compostela, o Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral), como ao centro de maiores dos Gozos, en Pereiro de Aguiar (Ourense).

Ademais desta residente do xeriátrico de Xove, tamén faleceron outras tres mulleres positivas, de 91, 84 e 83 anos, todas ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC). Dous homes, de 65 e 77 anos, morreron nas últimas horas no mesmo centro.

1.421 VÍTIMAS MORTAIS NA COMUNIDADE

Tamén faleceu, igualmente diagnosticado de coronavirus, un home de 78 anos no Hospital Modelo da Coruña. Todos tiñan patoloxías previas, segundo resalta a mesma fonte. Deste xeito, elévanse a 1.421 as vítimas mortais do coronavirus na comunidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...