O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 531 (24 máis ca na anterior actualización), segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 46 positivos novos por PCR.
Dos 531 contaxiados, 17 permanecen ingresados (sen variacións). O Hospital da Mariña atende nove pacientes con Covid-19, por cinco o HULA e tres o centro hospitalario de Monforte. Non hai, segundo o reconto, doentes na área sanitaria lucense que requiran de coidados intensivos.
NOVE POSITIVOS INGRESADOS NO HOSPITAL DA MARIÑA
No histórico da provincia documéntanse 146 falecementos, o último o dunha residente do xeriátrico de Xove, 6.649 altas e 7.328 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 128.312 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 987 probas.