IniciosociedadeCribado masivo a asintomáticos o vindeiro domingo en Viveiro ante o aumento...

Cribado masivo a asintomáticos o vindeiro domingo en Viveiro ante o aumento dos positivos

O Sergas fará PCR aos traballadores do sector servizos, ao estaren máis expostos ao coronavirus; o Concello pide "colaboración" para a realización da sondaxe

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informou a través dun comunicado de prensa de que, ante o aumento dos casos positivos por Covid-19 nos últimos días no municipio, con 89 contaxios localizados nas últimas dúas semanas, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) decidiu realizar un cribado masivo no municipio. O fin dos tests é detectar posibles casos en persoas asintomáticas e, “deste xeito, frear a cadea de transmisión do virus, xa que moitas das infeccións detectadas eran de persoas que non presentaban síntomas”, concreta o goberno local.

“O cribado diríxese a traballadores e traballadoras do sector servizos (comercio, supermercados, hostalaría, farmacias, gasolineiras ou perruquerías), entendendo que se trata dos colectivos máis expostos“, remarca o Concello.

INSCRICIÓNS

As probas realizaranse este domingo 10 de xaneiro, ao longo de todo o día, no pavillón municipal. Todas aquelas persoas interesadas en realizar a proba deben anotarse chamando ao teléfono 676.877.799 ou no correo electrónico covid@viveiro.es antes das 21.00 horas do venres 8 de xaneiro. Tamén poden anotarse na Casa do Concello, o venres 8 de xaneiro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

No momento de anotarse debe facilitarse nome e apelidos, DNI, número de teléfono e actividade que realiza. O Sergas encargarase de chamar a cada persoa para indicarlle a hora á que deben presentarse.

Dende o Concello de Viveiro recoméndase “encarecidamente” a “todas aquelas persoas que traballen nos colectivos mencionados que colaboren na realización deste cribado. O goberno local recorda que a súa participación axudará a frear, á maior brevidade, o aumento de contaxios”.

Aproveitando a realización deste cribado, tamén se realizarán probas PCR aos traballadores de axuda no fogar, aos empregados da Asociación de Alzheimer e ao departamento de Servizos Sociais, xa que este colectivo está en contacto continuo con persoas vulnerables.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...