IniciosociedadeFalece un maior de 84 anos da residencia de Xove diagnosticado de...

Falece un maior de 84 anos da residencia de Xove diagnosticado de Covid-19

O Sergas confirma este luns outras doce mortes en Galicia, rexistradas ao longo dos últimos días, a causa da pandemia

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 84 anos, usuario da residencia San Bartolomeu de Xove e diagnosticado de Covid-19, faleceu nas últimas horas, segundo o anunciado a última hora desta tarde de luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Trátase da terceira vítima mortal do abrocho localizado no xeriátrico xovense, despois dunha usuaria de 87 anos e doutra residente da mesma idade que fora trasladada a Ourense.

O Sergas actualizou hoxe, segundo concretou, datos de falecidos que corresponden tamén ao reconto da fin de semana realizado por Saúde Pública, despois de comprobarse que faleceran sendo positivos por coronavirus.

Así, faleceron tamén nos últimos días unha muller de 91 anos no CHUAC; unha muller de 92 anos no CHUVI, procedente da Residencia Moledo de Vigo, e un varón de 83 anos, no mesmo centro hospitalario; tres mulleres, de 88, 87 e 76 anos, no CHUF; dous homes, de 93 e 84 anos, no CHUS; unha dona de 87 anos no seu domicilio, en Pontevedra; un home de 95 anos na residencia DomusVi de Vimianzo; e unha muller de 104 anos no xeriátrico Santa María de Verín. Segundo o Sergas, todos tiñan patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...