A peche do Pescados Rubén Burela FS Cilene Pereira Paranhos foi intervida con éxito esta tarde do tendón de Aquiles no hospital Polusa de Lugo. A cargo do traumatólogo Albert Grau, a internacional brasileira foi sometida á cirurxía da rotura sufrida o sábado pasado nos últimos segundos da Supercopa de España na que o equipo laranxa conquistou o triplete da tempada.
A 6 laranxa, que será dada de alta mañá se non hai cambios, comezará o proceso de recuperación en Burela baixo a supervisión do corpo médico do club mariñao. A baixa de Cilene será un importante revés para o cadro laranxa, dado o seu talento e clarividencia coa pelota.