IniciosociedadeA Xunta pecha a hostalería e suspende as actividades non esenciais en...

A Xunta pecha a hostalería e suspende as actividades non esenciais en Viveiro

Tamén padecerán estas restricións os municipios de Xinzo e Arteixo, concellos de máis de 10.000 habitantes cunha incidencia por riba dos 1.000 casos por 100.000 residentes

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia ordenou o peche completo da hostalaría e a suspensión de actividades non esenciais en tres municipios: Arteixo, Viveiro e Xinzo, concellos de máis de 10.000 habitantes que preocupan aos expertos de forma especial porque presentan unha incidencia por encima dos 1.000 casos por 100.000 habitantes a 14 días.

Así o explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que compareceu en rolda de prensa para informar as decisións tomadas este luns no seo do comité clínico de expertos que asesora á Xunta en materia de coronavirus.

Viveiro ten, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este martes, 267 positivos nos últimos 14 días.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...