IniciosociedadeAs restricións en Viveiro: hostalería só con recollida e reparto a domicilio...

As restricións en Viveiro: hostalería só con recollida e reparto a domicilio e peche de ximnasios e bibliotecas

Tamén quedarán suspendidas todas as actividades culturais e clausurados os locais de xogo; as medidas entrarán en vigor a partir das 00.00 horas do vindeiro xoves

Publicada o

- Advertisement -

Os concellos de Arteixo, Viveiro e Xinzo de Limia adoptarán o chamado modelo Carballiño de restricións. Así o decretará a Xunta de Galicia á vista dos seus datos epidemiolóxicos. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa na que se informou das medidas adoptadas trala última xuntanza do comité clínico.

Segundo explicou Comesaña, a situación destes concellos, “cun número importante de habitantes (máis de 10.000) e cunhas incidencias acumuladas excepcionalmente altas”, fixeron “necesario” pedirlle un “esforzo adicional” aos seus cidadáns. O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, indicou que, con esta medida, quedará pechada nos tres municipios calquera actividade non esencial, así como toda a hostalería, que só poderá ter servizo de recollida e de reparto a domicilio. Tamén pecharán os ximnasios, establecementos de xogo, bibliotecas e as actividades culturais.

Pola súa banda, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, quixo facer fincapé en que “aínda é cedo para poder ver resultados das medidas adoptadas a semana pasada, xa que debe pasar, polo menos, un ciclo epidemiolóxico (14 días) para que os cambios sexan perceptibles”. Destacou, así mesmo, o aumento de cribados para a detección precoz de casos, como os que se van facer nos vindeiros días en diversos concellos como Vimianzo, Camariñas, Outes e Vilalba.

CANCELADAS A NIVEL GALEGO AS COMPETICIÓNS DE DEPORTE FEDERADO

Na xuntanza do comité tamén se tratou o tema do deporte federado. Neste senso, a Xunta decidiu suspender toda competición deportiva autonómica, mentres que os adestramentos terán que ser individuais ou como máximo de catro persoas e adaptándose aos peches perimetrais e ao horario do toque de queda. A competición de ámbito estatal si que se mantén.

OS BARES DEBERÁN MARCAR AS MESAS QUE NON PODEN UTILIZAR

Ademais, analizouse a situación das terrazas dos establecementos de hostalería en Galicia, que, na actualidade, teñen un aforamento permitido do 50%. A partires de agora haberá que identificar, de xeito claro, unha de cada dúas mesas como non utilizables, e mantendo sempre o número máximo de catro persoas por mesa. Todas estas medidas, indica o Goberno autonómico, publicaranse no Diario Oficial de Galicia esta mesma tarde e entrarán en vigor o xoves ás 00.00 horas.

SITUACIÓN “PREOCUPANTE”

O conselleiro de Sanidade definiu a situación actual como “preocupante” e “de claro crecemento”. Aínda así, mostrou a súa “confianza” en que as medidas adoptadas comecen a dar resultados, incidindo en que hai xa “experiencias previas” que demostran que “si funcionan”.

Neste mesmo sentido se pronunciou o xerente do Sergas, José Flores, quen destacou que este crecente número de casos incide tamén aumentando a presión en todos os niveis asistenciais. Flores recoñeceu que o que máis preocupa é a hospitalización convencional e a de críticos. No referente á hospitalización convencional, rexistrouse un incremento dun 58% nos últimos días, e con especial presión nas áreas sanitarias da Coruña e Cee; Ferrol; e Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. En canto ás unidades de críticos, o aumento é do 68%, sendo as áreas máis afectadas a da Coruña e Cee; Santiago de Compostela e Barbanza; e a de Ferrol.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...