InicioM.ambiente e PatrimonioA Cova do Rei Cintolo acredítase como destino de turismo científico

A Cova do Rei Cintolo acredítase como destino de turismo científico

A cavidade recibiu un selo internacional que certifica o seu interese científico e que velará pola xestión do recurso

Publicada o

- Advertisement -

A Cova do Rei Cintolo proxecta Mondoñedo como destino de turismo científico. Este martes, a cavidade recibiu a certificación Observer que acredita o interese deste recurso natural de gran valor “espeleolóxico, xeolóxico e arqueolóxico”.

A coordinadora do proxecto, Maite Vence, entregou o selo á alcaldesa, Elena Candia, nun acto celebrado este martes.

RECOMENDACIÓNS

A certificación pon en valor o potencial do recurso natural ao tempo que se propón como unha “ferramenta de traballo” para mellorar a súa xestión.

Así, canda o selo, entrégase un informe con recomendacións que marcan a “folla de ruta” a seguir.

O documento sinala a necesidade de avanzar na divulgación, sistematización e actualización do coñecemento xerado en torno a cova.

Tamén incide en aspectos relativos á limpeza e a conservación da formación cárstica para que o impacto que xeneran as visitas sexa sostible no longo prazo.

A certificación implica o seguimento da xestión do recurso que se avaliará de novo en 2020

Nesa liña, o concello anunciou que desenvolverá un proxecto divulgativo das características histórico científicas da cavidade que incluirá a colocación de paneis informativos e mesas explicativas e tamén a creación dunha páxina web.

VISITAS

Desde que comezaron os accesos guiados á cavidade, en 2006, a cova recibiu máis de 12.000 visitas, segundo os datos do Concello.

O crecente interese pola cavidade notouse especialmente este mes de agosto no que se rexistrou un crecemento do 34%.

As visitas turísticas conducen aos visitantes por un recorrido duns 300 metros na galería máis superficial.

Porén, a cova é tamén destino de grupos de espeleólogos que se internan nos máis de sete quilómetros de salas e galerías cos que conta a formación, a máis longa coñecida en Galicia. Máis da metade da súa estrutura segue pendente de topografiar.

OBSERVER

O proxecto Observer, que se desenvolveu a partir dunha iniciativa empresarial vinculada a Universidade de Santiago, impulsa o aproveitamento de recursos naturais e culturais para o desenvolvemento dun turismo “sustentable e de calidade”.

O selo, no que traballan desde 2016, distingue outros espazos como o Parque Nacional das Illas Atlánticas. A firma traballa tamén na certificación das serras dos Ancares e do Courel.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...