EFE. A Dirección Xeral de Urxencias e Interior da Xunta activou para mañá a alerta vermella no litoral noroeste e oeste da Coruña e na Mariña de Lugo, por temporal costeiro.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase un fenómeno adverso por mar combinada con ondas entre 8 e 9 metros e vento do oeste de forza 8, que dará comezo a media mañá deste sábado.
No resto do litoral galego, actívase unha alerta laranxa por mar combinada con olas de 5 a 7 metros. Na comarca da Mariña, o máximo nivel de aviso polo temporal activarase sobre as 10.00 horas, e permanecerá activo ata a medianoite do domingo.
A Xunta recorda nas zonas afectadas a importancia de manterse afastados da liña de costa, de diques, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de evitar que poida arrastrar persoas ou obxectos.
A Dirección Xeral de Urxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Urxencias 112 Galicia, informou desta situación aos Concellos das provincias afectadas; diputaciones, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.