O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 2.093, 42 ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización documentáronse 80 positivos novos por PCR.
SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA POR MUNICIPIOS
No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiro documéntanse 113 positivos nos últimos 14 días (dez menos que os comunicados onte). En Xove tamén melloran os datos, con 28 contaxios detectados nese mesmo prazo, catro menos.
Non hai variacións no Vicedo, que conta 31 positivos nas últimas dúas semanas; Cervo ten 13 (dous menos); Burela 40 (-3); Foz 10 (-1); Ribadeo 26 (sen cambios) e Riotorto once (igual). Nos restantes concellos da Mariña localízanse entre un e nove casos nas últimas dúas semanas.
RESIDENCIAS
MAIORES
5 Residencia da Pastoriza e apartamentos
1 Residencia DomusVi Monforte
2 Residencia O Incio
3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
73 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)
2 Residencia San Bartolomeu de Xove
TRABALLADORES
11 Residencia da Pastoriza
1 Residencia de Maiores Burela
3 Domusvi Chantada
3 As Gándaras (Lugo)
1 Domusvi Monforte
1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria
2 Residencia Domusvi Viveiro
11 Residencia San Bartolomeu (Xove)