IniciosociedadeViveiro busca atraer turoperadores e cruceiros nunha feira internacional en Londres

Viveiro busca atraer turoperadores e cruceiros nunha feira internacional en Londres

A edil Marisol Rey participou na World Travel Market, na que a empresa de buques vacacionais Saga Holidays se comprometeu a visitar o municipio

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de turismo de Viveiro, Marisol Rey, participou durante tres días desta semana na feira World Travel Market de Londres, unha das citas internacionais máis recoñecidas no sector turístico.

A edil foi a única representante da Mariña Lucense no encontro e ofreceu información de Viveiro no stand de Galicia.

TOUROPERADORES

Rey puido entrevistarse con varios touroperadores. A edil sinalou que “a maioría deles coincidiu en que busca novos destinos en Galicia, que se caractericen pola tranquilidade, o sendeirismo, as rutas gastronómicas. O noso perfil encaixa perfectamente”, afirmou.

Rey, xunto a outros cargos participantes, no stand de Galicia. AXM

“Moitos deles cubren a ruta PlymouthSantander, a onde chegan en autobús, e logo fan percorridos pola costa. Así que lles interesa Viveiro”, precisou.

NAVIEIRAS

A edil tamén contactou con dúas navieiras. Unha delas, Saga Holidays, “mostrou un grande interese por vir a Viveiro”, explicou Rey.

A concelleira mantivo unha entrevista coa representante da firma, Michelle McDermott, que quixo saber “como é o porto” para a posible ubicación dun dos buques da empresa británica.

A representante de Saga Holidays visitará Viveiro para valoralo como posible destino. Sería o terceiro cruceiro que pasa polo municipio, despois da chegada do Europa (2013) e Bremen (2017).

A edil viveirense e a presidenta de Andalucía, Susana Díaz. AXM

SUSANA DÍAZ, PRESENTE

Do potencial da feira dá unha idea a presenza de altos cargos a nivel político, como a presidenta da Junta de Andalucía, Susana Díaz, que acudiu ao stand da comunidade autónoma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...