IniciosociedadeSegue a melloría na Mariña: Viveiro ten 75 positivos nos últimos 14...

Segue a melloría na Mariña: Viveiro ten 75 positivos nos últimos 14 días, por 16 Xove, 20 O Vicedo e 23 Burela

O Hospital da Mariña atende oito pacientes con Covid-19, dous deles en coidados intensivos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.767, 96 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 50 positivos novos por PCR.

Dos 1.767 contaxiados, 97 permanecen ingresados (29 en coidados intensivos). O Hospital Público da Mariña atende oito pacientes con Covid-19 (dous na unidade de críticos), mentres que o HULA coida de 60 (27 na Uci) e o centro hospitalario de Monforte de 19, todos en planta.

No histórico da provincia documéntanse 182 falecidos, tras notificar na tarde de onte dúas mortes máis de pacientes que foran diagnosticados por coronavirus, 8.960 altas e 10.915 casos acumulados. Fixéronse 168.846 probas PCR.

No que atinxe á evolución epidemiolóxica por municipios, en Viveiro confirmáronse 75 positivos novos nos últimos 14 días, por 16 en Xove e 20 no Vicedo. En Cervo localizáronse once contaxios no mesmo período, por 23 en Burela, outros once en Foz e 19 en Ribadeo. Os restantes municipios da Mariña sitúanse por debaixo dos dez casos nas últimas dúas semanas, sendo Barreiros o único libre de Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...