IniciosociedadeAlerta amarela este martes na Mariña por temporal costeiro

Alerta amarela este martes na Mariña por temporal costeiro

Espérase mar combinado do noroeste con ondas de catro a cinco metros

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 40 provincias españolas estarán este martes en aviso amarelo ou laranxa por nevadas, vento, precipitacións ou fenómenos costeiros, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

En concreto, en aviso laranxa por nevadas estará o Pirineo de Huesca, onde haberá unha acumulación de neve en 24 horas de 20 centímetros e espéranse espesores por encima de 1.200/1.300 metros.

Ademais, en aviso amarelo tamén por neve con acumulación de 12 centímetros por encima de 1.200 metros estará León, Palencia e Zamora; e con acumulacións por 5 centímetros Asturias, Lugo, Ourense, Burgos, Soria e Teruel.

O vento tamén terá en aviso laranxa, con refachos de 90 km/h, a Albacete; e en aviso amarelo, con refachos de ata 80 km/h, a Granada, Valencia, Xaén, Castelló, Almería, Albacete, A Coruña, Pontevedra, Asturias, Cantabria, León, Palencia, Ávila Burgos, Salamanca, Segovia Teruel, Conca, Guadalaxara, Toledo, Cáceres, Badaxoz, Navarra, Almería, Cádiz, Córdoba, Xaén, Huelva, Málaga Sevilla, Valencia e Ceuta.

En risco por precipitacións acumuladas en 12 horas de 40 milímetros estará Ávila, Salamanca, Cáceres, A Coruña e Pontevedra.

Por último, estarán en aviso amarelo por fenómenos costeiros Baleares, Almería, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Cádiz, Xirona, Tarragona, Castelló, Cádiz, Granada, Málaga, Huelva, Ceuta, Barcelona e Alacante.

Este martes espérase que unha nova fronte percorra a Península e Baleares de oeste a leste, deixando ceos nubrados ou cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis abundantes e acompañadas de treboada en toda a vertente atlántica, podendo ser localmente fortes ou persistentes en Galicia, suroeste de Castela e León e Estremadura.

En cambio, en todo a área mediterránea haberá intervalos nubrados en xeral, con menor probabilidade dalgunha choiva débil. En Canarias, intervalos nubrados, con posibilidade dalgunha choiva débil no norte das illas montañosas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...