Os Bombeiros de Barreiros acudiron na mañá deste martes á palleira con leña almacenada onde se rexistrou un incendio na noite do pasado luns no municipio de Mondoñedo coa fin de evitar que se reavive.
Así o informou o 112 Galicia, que relatou que na mañá deste martes os Bombeiros de Barreiros desprazaron de novo efectivos ata o lugar do incendio declarado na noite deste luns nun alpendre “con grandes cantidades de leña almacenada”, no concello lucense de Mondoñedo.
Durante varias horas os bombeiros traballaron para sufocar as chamas e evitar que o lume se propagase ás casas lindeiras, destacou o 112 Galicia.
Aínda así, tras dar por finalizadas as tarefas de extinción e, debido á cantidade de leña acumulada, á primeira hora da mañá deste martes bombeiros desprazáronse ata o lugar para remover e desescombrar, co fin de evitar que o lume se reavive.