A Xunta de Galicia activou a alerta laranxa para a noite deste xoves e para o venres nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo por temporal costeiro, vento e chuvia, por mor da borrasca ‘Beatriz‘.
Educación suspendeu as actividades no exterior dos colexios a partir das 12.00 horas do venres. En principio, mantense a actividade lectiva e o transporte escolar.
Tamén se suspenderon, por temporal marítimo, as actividades pesqueiras e marisqueiras. A partir desta noite espérase mar combinado con ondas que poderán superar os seis metros.
A alerta laranxa por chuvia activarase ás 9.00 horas do venres. Estímase que poden chegar a acumularse 80 mm en doce horas en zonas como A Coruña ou as Rías Baixas.
VENTOS DE MÁIS DE 100 QM/H
A partir das 12.00 horas dese mesmo día espéranse fortes ventos. O litoral mariñao estará afectado por ventos de 85 quilómetros por hora, e mesmo de máis de 100 na zona noroeste da Mariña.