EFE. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, revelou que o vindeiro luns o Goberno galego anunciará “en que medida, poucas ou moitas, hai un levantamento das restricións” na comunidade, xa que, “é evidente que non imos volver a situacións anteriores”, sinalou.
Trala reunión semanal do Executivo autonómico, Feijóo recordou que a próxima semana vence o prazo de tres semanas de restriccións duras impostas o pasado 26 de xaneiro para toda Galicia. Nalgúns municipios da Mariña, como Xove ou Viveiro, estas medidas –peche da hostalería, illamento perimetral– xa foron aplicadas con anterioridade pola súa situación epidemiolóxica.
O presidente da Xunta volveu insistir, do mesmo xeito que onte no Parlamento, en que as medidas de alivio serán “graduais, proporcionais” e de acordo co consello do comité clínico que asesora ao Goberno galego e advertiu de que aínda “queda unha parte importante ata volver a unha situación óptima”, sobre todo pola alta presión asistencial en unidades de críticos.
Na súa intervención destacou que a partir do 22 ou 23 de febreiro comezará a vacinación de maiores de 80 anos, polo que mentres dure, ata comezos de maio, será un período “moi importante” data a alta mortalidade deste colectivo.