IniciosociedadeA Xunta anuncia o alivio das restricións na Mariña agás na Pontenova

A Xunta anuncia o alivio das restricións na Mariña agás na Pontenova

Sanidade permite tamén as reunións de ata catro non conviventes agás naqueles concellos con máis de 500 casos nas últimas dúas semanas. Éstablécense tres niveis diferentes para un levantamento "gradual" das restricións e os desprazamentos só poderán ser entre municipios da mesma situación. Na área lucense, O Corgo e Guitiriz son os únicos que non avanzan na desescalada.

Publicada o

- Advertisement -

Galicia avanza na desescalada das medidas contra o coronavirus e comeza unha “apertura gradual e medida” das restricións segundo a situación epidemiolóxica de cada zona. A hostalaría, as reunións de non conviventes e a mobilidade quedará permitida (con limitacións) agás nos concellos con máis de 500 casos por 100.000 habitantes. Na provincia de Lugo, tan só os municipios de Guitiriz, a Pontenova e O Corgo están privados de avanzar nesta desescalada. Así o anunciou este luns o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do comité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia.“Xa non estamos en risco extremo. A evolución está sendo certamente boa”, subliñou, en referencia a unha incidencia de 236 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días.

Esta situación permite, pois, seguir adiante na apertura de restricións, xa iniciada a semana pasada en seis ámbitos concretos.  A continuación detállanse as medidas que entrarán en vigor o venres 26 de febreiro.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...