InicioDeportesO Burela FS opta polo experimentado técnico Sito Rivera para substituír a...

O Burela FS opta polo experimentado técnico Sito Rivera para substituír a Juanma

O adestrador, que dirixiu a Cartagena, Martorell ou a selección de Romanía, e que procede do Manresa, incorporarase á disciplina laranxa o vindeiro luns, segundo concretou a entidade

Publicada o

- Advertisement -

Tomás de Aquino Rivera Amorós, Sito Rivera, tomará as rendas do Pescados Rubén Burela FS, segundo concretou o propio club a través dun comunicado de prensa. A entidade destituíu nos últimos días ao xa adestrador do primeiro equipo masculino, o alfocego Juanma Marrube.

O técnico catalán (Mataró, 1956), cunha ampla traxectoria internacional á fronte de seleccións como Romanía, Hungría, Italia, Libia e Kuwait, incorporarase á disciplina laranxa o vindeiro luns, despois de pechar os últimos compromisos co seu actual equipo, Manresa FS.

Con experiencia nos históricos españois Polaris Cartagena e Martorell, Rivera adestrou tamén ao nipón Bardral Urayasu, aos italianos Napoli e Luparense e ao Sporting de París.

Segundo precisa o Pescados Rubén Burela FS, “os camiños de Sito Rivera e da entidade laranxa xa coincidiron en 2011 coa participación do técnico no Campus Mixto da entidade; tamén formou parte do profesorado do clínic do Memorial Heroes do Orzán de Imdecum en 2013″.

ALFONSO MERA DIRIXIRÁ O EQUIPO O SÁBADO EN ZARAGOZA

A entidade mariñá agradece “todas as facilidades mostradas polo Manresa FS para pechar o acordo”. O conxunto laranxa viaxará a Zaragoza mañá, para disputar a xornada 22 o sábado (17.00 horas, Aragón TV/TVG2), con Alfonso Mera á fronte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...