InicioSucesosCinco detidos dun grupo organizado que vendía cocaína en Viveiro

Cinco detidos dun grupo organizado que vendía cocaína en Viveiro

O principal implicado na trama, un varón de 26 anos, ingresou xa en prisión

Publicada o

- Advertisement -

Unha investigación levada a cabo de xeito conxunto por axentes da Policía Nacional, adscritos ao grupo de estupefacientes da brigada provincial de Policía Xudicial da comisaría provincial e ao grupo operativo de Viveiro procederon á detención dun grupo conformado por cinco persoas de nacionalidades dominicana e española, pola súa implicación nun delito de tráfico de drogas na localidade viveirense.

Segundo concreta a Policía Nacional a través dun comunicado de prensa, as investigacións comezaron a finais do pasado ano, cando a través dunha labor de captación de información e de recepción de queixas veciñais, os axentes tiveron coñecemento da existencia dun punto de venda de droga nun inmoble ubicado na rúa Melitón Cortiñas da cidade de Viveiro.

As distintas pescudas levaron aos axentes a lograr identificar a dous homes de orixe dominicana que residían no inmoble, comprobándose que se dedicaban á venda “ao menudeo” de cocaína a numerosos consumidores habituais que acudían á vivenda e proximidades, xerando gran malestar entre os veciños da zona.

Posteriormente comprobouse que estas persoas contaban coa colaboración doutros veciños da localidade tanto para a distribución da droga como para a súa ocultación noutros inmobles.

Tras reunirse os indicios necesarios ao longo destes últimos meses e baixo a coordinación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Viveiro, desenvolveuse un operativo no que foron detidos os cinco implicados e procedeuse á entrada e rexistro en dous domicilios sitos na rúa Melitón Cortiñas e na rúa Verxeles.

INTERVÍRONSE 70 DOSES DE DROGA

Durante o operativo, denominado ‘Operación Sacarina‘, logrouse a recopilación de numerosos indicios da participación dos implicados no delito de tráfico de drogas, intervíndose 70 doses de cocaína, substancia de corte para a adulteración da droga, unha balanza de precisión, así como material para o embolsado e distribución da mesma.

Posteriormente os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Viveiro, o cal decretou o ingreso en prisión do principal implicado, un varón de 26 anos. Coa culminación desta investigación danse por desarticulados dous puntos de venda de cocaína na cidade do Landro, conclúe a nota.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...