IniciosociedadeO polígono de Cuíña conta cun novo punto de recollida de residuos...

O polígono de Cuíña conta cun novo punto de recollida de residuos e un acceso con aparcadoiro á EDAR

A Consellería de Economía, Empresa e Innovación destinou 231.000 euros a habilitar estas dotacións

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Empresa e Innovación destinou 231.000 euros a habilitar un punto de recollida e selección de residuos así como unha vía de acceso á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Cibrao no polígono industrial de Cuíña, en Cervo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o pasado mércores as novas dotacións acompañado polo alcalde, Alfonso Villares, entre outros. Destacou que as actuacións foron financiadas polo Goberno galego nun 80% ao abeiro do programa de achegas para a mellora dos parques empresariais galegos, que lles permite tanto corrixir posibles carencias como adaptarse ás novas necesidades e incorporar máis servizos. En suma, afirmou Arias, pretende “ofrecer ás empresas infraestruturas e servizos que lles permitan ser competitivas”.

No caso do parque de Cuíña, a Xunta apoiou con 120.000 euros as obras de construción dun punto de recollida, selección e clasificación de residuos non perigosos, para o que se acondicionou unha parcela de propiedade municipal de 1.641 metros cadrados, contigua á nave na que estacionan os vehículos de recollida de lixo do concello.

Entre as actuacións executadas figuran o acondicionamento do terreo, construción de muros de compartimentación e de peche, instalación da rede de recollida de augas pluviais e acondicionamento de accesos. Neste sentido, a entrada xeral realízase a través dunha porta automática de cinco metros de lonxitude para permitir un cómodo acceso dos vehículos pesados. Ademais, hai unha conexión directa coa zona de estacionamento dos vehículos municipais do servizo de recollida de residuos.

Pola súa banda, 111.000 euros foron destinados a construír unha nova vía con aparcamentos para acceso á depuradora de San Cibrao.

Sobre a traza preexistente, ampliouse e pavimentouse a plataforma, e engadiuse unha beirarrúa para maior seguridade tanto dos peóns como dos vehículos que transitan pola zona, en boa parte tráfico pesado.

VILLARES AGRADECE O INVESTIMENTO

Así mesmo, acondicionouse unha área de estacionamento, e completáronse os traballos coa instalación de sumidoiros, iluminación pública e sinalización.

Villares agradeceu “á Administración autonómica e ao seu delegado na provincia o seu compromiso co noso Concello á hora de contribuír a mellorar dotacións e infraestruturas que supoñen, neste caso, un salto de calidade e competitividade para o noso parque empresarial”.

REMATADAS AS OBRAS NO IES VILAR PONTE

Arias tamén visitou o IES Vilar Ponte, onde finalizaron as obras de rehabilitación co centro, ás que o Goberno autonómico destinou 236.000 euros co obxecto de mellorar a eficiencia das instalacións e reducir o consumo enerxético.

Os traballos, que duraron aproximadamente tres meses, centráronse no illamento de fachadas, a renovación de ventás e a modernización dos equipos lumínicos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...