A asociación Mariña Patrimonio anunciou este martes que o vindeiro venres, 12 de marzo, continuará o ciclo de conferencias online organizadas polo colectivo. Desta volta, a temática da charla será ‘A conserva na Mariña: o caso de DALO (Damián López Ferrería) en Foz“.
Nesta ocasión, a charla correrá a cargo dos historiadores Xoán Ramón Fernández Pacios e Xosé María Leal Bóveda. Ao longo da súa intervención, abordarán a evolución da industria conserveira na Mariña, ao tempo que explicarán o caso significativo das empresas de Damián López Ferrerías (DALO) de Foz, centrándose na súa faceta madeireira, na do tráfico marítimo de cabotaxe así como na actividade conserveira.
A actividade, que poderá seguirse a partir das 19.30 horas na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio, conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.