O secretario en Galicia da Unión Federal de Policía (UPF), Miguel González, denunciou que os axentes das comisarías da Policía Nacional de Monforte e Viveiro (ao redor duns 120) aínda non foron vacinados contra a covid-19. Este venres, González mostrou a súa “preocupación e malestar” por este motivo, que cualifica de “unha vergoña” que non se inmunizara a estes policías cando na comisaría de Lugo xa se vacinou “entre un 85 e un 90 por cento” do persoal.
Ademais, lamentou que tampouco recibisen as doses “a funcionarios que traballan nas comisarías, como o persoal do DNI, de pasaportes ou estranxeiría”. “O Ministerio do Interior e a Dirección Xeral da Policía iniciaron a casa polo tellado e tratan de ver si falta algún ladrillo para poder polo. É un desastre”, aseverou.
SALA DO 091 DE LUGO
Por outra banda, González tamén mostrou o seu malestar polo traslado á Coruña da sala do 091 que prestaba servizo en Lugo, un cambio que, ao seu xuízo, “non é efectivo” e augurou que Interior e Dirección Xeral da Policía “terán que dar marcha atrás”.
Finalmente, Miguel González sobre a “perda de chamadas” advirte que “non é tanto iso como a reacción e o contacto, xa que mentres se conecta coa comisaría de Lugo (desde o 091) pérdese un tempo importante para as intervencións” policiais na cidade e no resto da provincia de Lugo.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
“Malestar” na comisaría de Viveiro ante os atrasos da vacinación
Sindicatos de Policía Nacional cualifican de "vergoña" que a inmunización deste centro non dera aínda comezo.
Publicada o