O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 210, cinco menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse dez positivos novos por PCR.
Dos 210 contaxiados, 23 permanecen ingresados (cinco deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 18 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (once), o centro hospitalario de Monforte (tres) e o Hospital Público da Mariña, que atende tres positivos.
No histórico da provincia documéntanse 210 defuncións, 11.473 altas e 11.898 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 197.854 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 736 probas.
No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Xove (cunha taxa de incidencia acumulada de menos de entre 26 e 75 positivos por 100.000 habitantes), Ribadeo (entre 11 e 25) e Lourenzá (entre 76 e 125) rexistraron algún contaxio nos últimos sete días. O resto dos municipios da Mariña, incluído Viveiro, que sae desa lista, non confirmaron casos neste mesmo prazo dunha semana.