IniciosociedadeBaixa a incidencia do virus en Lourenzá, sen casos novos nos últimos...

Baixa a incidencia do virus en Lourenzá, sen casos novos nos últimos sete días

Xove, Viveiro, Burela e Ribadeo son os concellos da Mariña nos que se rexistrou algún contaxio na última semana; o Hospital da Costa atende dous pacientes con Covid-19, un menos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 205, cinco menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse oito positivos novos por PCR.

Dos 210 contaxiados, 20 permanecen ingresados (cinco deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 15 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (nove), o centro hospitalario de Monforte (tres), o Polusa (un) e o Hospital Público da Mariña (dous).

No histórico da provincia documéntanse 210 defuncións, 11.485 altas e 11.905 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 198.567 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 713 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Xove (cunha taxa de incidencia acumulada de menos de entre 26 e 75 positivos por 100.000 habitantes), Viveiro (menos de dez), Burela (entre 11 e 25) e Ribadeo (entre 11 e 25) teñen entre un e nove contaxios confirmados na última semana, unha lista da que sae Lourenzá. O resto dos municipios da Mariña non teñen positivos nese mesmo prazo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...