InicioDeportesO Burela dá a baixa a Eto'o antes da final deste mércores...

O Burela dá a baixa a Eto’o antes da final deste mércores contra o Córdoba, coa permanencia en xogo

O Pescados Rubén recibirá en partido aprazado ao equipo cordobés

Publicada o

- Advertisement -

O pivote Lucas Miguel Pereira da Silva, máis coñecido como Eto’o, vén de causar baixa no Pescados Rubén Burela FS, segundo confirmou a propia entidade deportiva da Mariña Lucense nun comunicado de prensa. O brasileiro, que defendía o 16 do cadro laranxa dende o mercado de inverno 2019-20, “non puido completar os trámites burocráticos necesarios para regresar do seu país e reincorporarse á dinámica do equipo debido aos problemas derivados da pandemia“, asegura o club.

“Dende o club, agradecemos a dedicación de Eto’o ao longo destes meses e desexámolle sorte na súa prometedora carreira”, finaliza o Pescados Rubén.

O pivote de Catende, de 25 anos, participou en oito partidos da presente tempada, anotando un gol e recibindo un cartón amarelo.

Tras derrotar ao Levante (3-1), o conxunto laranxa xógase este mércores unha final pola permanencia ante o Córdoba (19.30 horas, Vista Alegre), en partido aprazado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...