IniciosociedadeO comercio histórico de Viveiro enviará de balde ata maio as compras...

O comercio histórico de Viveiro enviará de balde ata maio as compras aos clientes da Mariña e Ortegal

A iniciativa está enfocada á venda das redes sociais ou as webs e tamén a dar un servizo postvenda aos clientes locais

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) iniciou unha campaña na que os envíos realizados nos meses de marzo, abril e maio, tanto á Mariña como a Ortegal serán gratuítos.

“Pretendemos con esta iniciativa facilitar as compras de tódolos clientes, que por un motivo ou outro non se poden achegar a Viveiro a mercar, ou simplemente por comodidade”, expón o colectivo.

“Por un lado está enfocado á venda a través das redes sociais ou as webs; se un cliente ve algo que quere mercar nalgunha das redes dos negocios asociados o envío sairalle gratuíto”, expón a asociación, que concreta que, “por outra banda, trátase de dar un servizo postventa a aqueles clientes que veñen a mercar a Viveiro e non poden levar nese momento o que queren, ben porque non hai talla, número, o artigo está esgotado e hai que pedilo ou se trata dun arranxo. Nestes casos enviaráselles gratuitamente no momento en que o produto estea dispoñible”, engade.

O CCHV entende que a iniciativa terá “moi boa acollida, facilitará o proceso de decisión de compra dos clientes das localidades veciñas e axudará a afianzar un servizo máis que presta o comercio local”.

AS TENDAS ABRIRÁN O XOVES SANTO EN HORARIO MATINAL

Ademais, o comercio asociado ao CCHV abrirá o Xoves Santo pola mañá, será en horario de festivos de 11.00 a 14.00 horas.

Por outra banda, o colectivo deu a coñecer os gañadores da campaña do Día do Pai, que sorteu 1.500 euros en premios.

Os agraciados das 5 Caixas Experience Comercio Local (por valor de 150 euros cada unha) son:

  • Carmen Franco cun tícket de Paquetería Nuria
  • Toñita Rouco Mendez cun ticket de Supermercado Covirán La Ría
  • Heidy Nuñez cun ticket de Albo Zapaterías
  • Sabela Taboadela Pernas cun ticket de Peluquería Richard xFavor
  • Noa Vidal Gallardo cun ticket de Cocolatte

E os agraciados das 5 Caixas Experience Gastronomía Local son:

  • Pedro Piñeiro cun ticket de África Copias
  • Carmen Teijeiro Nebril cun ticket de Cocolatte
  • Ana López Peña cun ticket de Librería Porta da Vila
  • Dolores Barro cun ticket de Pastelería Fontenova
  • Teresa Ribeiro Travieso cun ticket de Van Surf

DESCONTOS EN 50 COMERCIOS DE RIBADEO

Acisa anima esta Semana Santa con descontos en 50 establecementos comerciais do 26 de marzo ao 4 de abril. A campaña denomínase ‘A falta de Semana Santa… semana dos descontos en Ribadeo. Con ela a asociación ribadense pretende axudar ao comercio a liquidar stock e a mostrar a roupa da nova tempada e a potenciar as vistas a Ribadeo dos veciños e veciñas da comarca e do resto de Galicia.

Presentación da campaña en Ribadeo. AXM

Segundo anunciou o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, “hoxe presentamos esta gran campaña de descontos especiais. Nela participan 50 comercios de todo tipo: moda home e muller, calzado, electrónica, papelería, libraría, deportes, decoración, regalo, hai moito onde escoller….  dende o 26 de marzo o 4 de abril poderás encontrar en Ribadeo grandes ofertas e descontos, os últimos da tempada. Temos dende liquidación de stock, a fin de rebaixas, zonas outlet, 2×1, descontos do 20, 30 ata o 70 %, produtos a 5, 10 ou 20 euros”, finalizou.

Os establecementos participantes na campaña son: La Moda Sport, Mercería Torviso, Saia, Susana Moreira Confección, Bimba 13, Plateria Gutié, La Coqueta, For Friends, Pequerrechos, Ginzo Hombre – Mujer, Optica Carreira, Naná, Julia Moda Infantil, Adele, Grisi, Boutique Valentina, Boutique del Río, Glass, Mika, Anais, Deportes Docobo, Ribamueble, Optica Miró, Peluqueria Imag_n 365, Boutique Pippol´s, Galería Terra Branca, Electronima, Coco, Jatay, R23, FarfalaKids, La Moda Básico, La Moda Señora, Duovision Óptica, Bis a Bis, Mercería Vizcaya, Xeito Decoración, Castillo de Pesca, Fauna, Calzados La Moda Joven, Esprit, Sanjurjo Moda, Joyería Azabache, Sendín Electricidad, Opticalia, Beep, Xardineo, Bora Bora, Folder e Pepa Peineta.

‘TARDEOS’ EN FOZ

En marcha está tamén a campaña Tardeos, de AciaFozCCA, na que participan oito locais hostaleiros: Bar 78, Anduriña, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, Pelolo, Portochico, Xoyma e Yoglio-Colón 5.

José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA, explica que “é unha campaña pensada para animar a disfrutar das tardes dun xeito relaxado, de cócteles, de viños, de cañas, de merendas… trátase de aproveitar as tardes para tomar algo antes de retornar ás casas ás dez da noite. Antes saiamos tomar unha copa, un cóctel, despois de cear. De momento iso aínda non é posible, pero non temos por qué deixar de facelo polas tardes na fin de semana ou agora durante a Semana Santa, por exemplo”, indicou.

No sorteo do Día do Pai 20 persoas recibirán vales de compra por importe de 50 euros, cada un, para consumir ao longo das vindeiras semanas no comercio asociado a AciaFozCCA. Os números afortunados e os locais nos que se repartiron foron os seguintes: 20519 en Kukadas, 17380 en Amarena, 15566 en Din y Don, 13662 en Tien 21, 20667 en Amarena, 20352 en Amarena, 17863 en Decoraciones Pura, 19880 en Xoyma, 18130 en Nº1, 15128 en Casa Moreda, 19422 en Panificadora Eo, 18206 en Ginzo Hombre-Mujer, 15683 en Fauna, 15311 en Lencería Esther, 15421 en Unique 2, 13115 en Carmen León, 21749 en Suministros Veipa, 19388 en Panificadora Eo, 16134 en Ofifoz y 20183 en Amarena.

SEGUEN AS XORNADAS GASTRONÓMICAS NA HOSTALERÍA FOCEGA

Tamén tivo lugar esta mañá en Radio Foz o sorteo de 10 vales de 50 euros cada un para gastar no comercio e na hostalería local, que se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que a pasada ponte festiva estiveron dedicadas ao arroz. Os gañadores deses vales son: Jorge Méndez, Mª del Mar Barcia, Deli Val, Ramón Mecía, Carballo, Luján Recalde, Marisa López, Verónica Prendes, Fátima Ramal e Karina Baptistella.

As Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz son organizadas polo Concello en colaboración con AciaFozCCA. Un total de 42 establecementos hostaleiros se darán cita neste evento que do 26 ao 28 de marzo terá como protagonista das propostas culinarias á faba de Lourenzá. En xogo haberá outros 500 euros en premios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...