A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia) de Foz celebrou o 30 aniversario da súa creación cunha cea no restaurante Leytón. O colectivo de empresarios xuntou a máis dun cento de persoas no evento, entre elas os tres dirixentes da agrupación ao longo da súa historia. Suso Fernández, o fundador, recibiu un cálido homenaxe por parte da organización.
O actual presidente da Acia de Foz, José Carlos Paleo, e o alcalde, Javier Castiñeira, fixéronlle entrega dunha árbore da vida ao primeiro presidente do colectivo -e cronista oficial do municipio- en recoñecemento ao traballo realizado. A súa compañeira, Marita, recibiu un ramo de flores.
O PRIMEIRO PRESIDENTE DO COLECTIVO RECIBIU UN ÁRBOL DA VIDA
Durante o acto interviron, ademais de Paleo e Castiñeira, Alfredo Llano, presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña; José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio; Sol Vázquez, directora xeral de Comercio e José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
OS NETOS, PROTAGONISTAS
O evento incluíu a actuación musical do guitarrista Felipe Sánchez, director da escola de música de Foz, acompañado ao clarinete por Manuel Menacho. O dúo interpretou pezas de Curros Enríquez. A continuación, Agua Menacho recitou varios poemas. Foi un bonito homenaxe para Fernández, dado que Agua e Manuel son os neus netos.