InicioM.ambiente e PatrimonioBarreiros deseña unha ruta de sendeirismo para coñecer o legado dos antergos

Barreiros deseña unha ruta de sendeirismo para coñecer o legado dos antergos

O percorrido, de dez quilómetros, permite ver casas indianas, patrimonio etnográfico, capelas e vivendas

Publicada o

- Advertisement -

A Área de Turismo do Concello deseñou un novo percorrido turístico-cultural autoguiado pola parroquia de San Cosme chamado “O Barreiros dos nosos antergos”, en castelán “El Barreiros de antaño”.

“Durante este percorrido, deseñado a modo de visita guiada, expoñerase o vínculo entre o patrimonio etnográfico máis propio de Galicia e o posterior legado daqueles que emprenderon a aventura de facer as Américas. Compleméntase con descricións audio guiadas e relatos sobre a nosa historia”, explica o goberno local.

Como puntos de interese inclúe casas indianas, patrimonio etnográfico, capelas e casas labregas. Sae da Oficina de Turismo e percorre os núcleos de San Cosme, Vilar, Áspera, Viladaíde, San Bartolo e Remior; retornando de novo a San Cosme.

Conta cunha lonxitude aproximada de 10 quilómetros e pódese facer a pé, en bicicleta ou en coche, “opción menos recomendable xa que se debe ter en conta que nalgúns puntos de interese non hai espazo para estacionar xusto ao carón do recurso”, remarca o goberno local.

Para seguir o percorrido tan só é preciso entrar na web https://www.concellodebarreiros.gal e acceder ao apartado de Sendeirismo que atoparán na sección “Turismo”. Dende alí pódese acceder a Google Maps ou a APP Wikiloc para facer o itinerario a través da tecnoloxía GPS utilizando un teléfono móbil ou unha tableta.

Desta forma, calquera persoa pode facer esta visita audio guiada en calquera momento, ao seu ritmo, e coñecer así, un pouquiño máis de preto, parte da nosa historia e patrimonio.

NOVOS LOGOTIPO E LEMA TURÍSTICOS

Neste eido, co fin de modernizar a imaxe turística de Barreiros e adaptarnos ás novas tendencias de viaxe trala irrupción da Covid, creáronse novos logotipo e lema turísticos: “Barreiros queda en ti”.

“O logotipo consiste nunha B simulando un corazón no que están representadas as ondas do mar, as praias e o interior do municipio a través da cor verde. Co lema preténdese transmitir unha imaxe de proximidade co viaxeiro/a, hospitalidade e experiencias turísticas en contacto coa natureza e a esencia do destino”, indica o Concello.

Recentemente tamén se puxeron en marcha novas contas de Facebook e Instagram co nome de “Barreiros Turismo” para a promoción e divulgación dos recursos turísticos do concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...