InicioSucesosInvestigan cinco veciños de Xove por unha presunta festa ilegal nun piso

Investigan cinco veciños de Xove por unha presunta festa ilegal nun piso

O Instituto Armado propón para sanción a estas persoas por reunirse con non convivintes, non levar máscara e a catro delas por non respectar o toque de queda

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil informou a través dun comunicado de prensa que propón para sanción a cinco veciños da localidade lucense de Xove por reunirse con non convivintes, non levar máscara e catro deles por non respectar o toque de queda ao non atoparse nos seus domicilios ou fóra deles sen causa xustificada, nunha presunta festa ilegal.

O Instituto Armado concreta que tivo coñecemento da suposta celebración no interior dun piso da localidade de Xove na madrugada do pasado día 28 de marzo.

De acordo coa mesma fonte, unha vez no portal do edificio, os axentes poideron escoitar a varias persoas falando a voces e coa música alta e tras localizar a porta do piso procederon a chamar ao timbre do mesmo durante varios minutos.

Ao cabo dun tempo abriu a porta unha señora, que nun primeiro momento quedouse sorprendida pola presenza dos axentes, pero que acto seguido convidou aos gardas actuantes a pasar ao interior da vivenda. Unha vez na mesa, observouse que no comedor atopábanse cinco persoas, as cales están sen máscara, non respectando a distancia de seguridade interpersoal e coa música alta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...