InicioEconomíaO comité cre que "non hai escusa" para atrasar a compra de...

O comité cre que “non hai escusa” para atrasar a compra de Alcoa pola SEPI

Os sindicatos esperan coñecer avances na reunión convocada esta tarde polo Goberno central

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa da fábrica de aluminio de San Cibrao da multinacional Alcoa, José Antonio Zan, opina que “non hai escusas” para xustificar un atraso na compra da factoría por parte do grupo público SEPI.

“Esperamos que haxa avances” na reunión prevista esta tarde entre representantes de sindicatos, Goberno central e Xunta de Galicia, xa que “Alcoa quere vender” a súa fábrica e o grupo británico Liberty House -da multinacional india Gupta Family Group (GFG) Alliance, que afronta problemas financeiros- “quere comprar” esa factoría.

En opinión de Zan “non hai escusas” para atrasar a operación, porque “a SEPI pode comprar a fábrica en calquera momento” e expresou a súa esperanza de que a venda conclúa antes de finais de abril.

“Se hai interese pódese chegar” a un acordo, dixo Zan, quen sinalou que a decisión final depende do Ministerio de Industria, porque “non se lle pode pasar a pelota a ninguén máis. Está en tellado da SEPI, do Ministerio e da Xunta de Galicia”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...