InicioEconomíaNovos trens e máis paradas para mellorar o FEVE

Novos trens e máis paradas para mellorar o FEVE

Unha iniciativa do PSOE recolle a recuperación e adaptación das frecuencias do paso dos trens, “dacordo ás necesidades e demandas dos veciños

Publicada o

- Advertisement -

A Comisión de Transportes do Senado aprobou unha Moción do Grupo Parlamentario Socialista para levar a cabo as melloras imprescindibles tanto na infraestrutura, como nos equipamentos do tren Ancho Métrico que une Ferrol con Xixón, e cuxo traxecto tamén discorre por toda a Mariña Lucense.

O senador socialista por Lugo, César Mogo, autor da Moción, destacou que é co Goberno socialista cando o AVE chegará a Galicia no 2021 tras investir máis de 500 millóns de euros. Un investimento que, lembra, “vai conectar Lugo coa rede de alta velocidade por Ourense; e co Goberno socialista repárase o abandono de anos da liña de Ancho Métrico entre Ferrol e Xixón”.

Mogo remarcou que “despois de moitos anos de abandono, xa se adquiriron 31 trens para as distintas liñas do Ancho Métrico e impulsado algunhas significativas melloras parciais”. A iniciativa tamén recolle a recuperación e adaptación das frecuencias do paso dos trens, “dacordo ás necesidades e demandas dos veciños que serán os principais beneficiarios dos cambios”.

O senador avanzou que a Mariña Lucense “resultará especialmente beneficiada dunha infraestrutura modernizada, e dun servizo ben organizado nas súas frecuencias xa que pode constituír unha alternativa eficaz aos desprazamentos, fundamentalmente en vehículos privados”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...