InicioEconomíaO pequeno comercio de Cervo pagará un euro por taxas de auga,...

O pequeno comercio de Cervo pagará un euro por taxas de auga, lixo e saneamento

A medida suporá un aforro de entre 200 e 600 euros, medio cento de establecementos.

Publicada o

O Concello de Cervo eximirá ao pequeno comercio  do pago recibos da auga, do lixo e do saneamento durante 6 meses, a contar desde o mes de xullo “coincidindo co período, por norma xeral, de maior consumo”.
Así o anunciaron hoxe o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Facenda, Dolores García Caramés, que precisaron que a medida, que suporá un aforro de entre 200 e 600 euros en función da actividade que se desempeñe, beneficiará a medio cento de emprendedores do municipio”.
Villares e Caramés recoñeceron que levan tempo traballando en coordinación co servizo de tesourería e recadación para poder facer extensible a supresión da taxas, que inicialmente só se ía aplicar ao sector hostaleiro, a todo o pequeno comercio. “Hoxe podemos garantir que a exención, que implica unha modificación das distintas ordenanzas municipais, será unha realidade no verán”, apuntaron nun comunicado.
A orde incluirase no próximo pleno ordinario que se celebrará neste mes de abril. O rexedor e a edil gabaron “a profesionalidade dos pequenos empresarios que se foron adaptando a todas as medidas de prevención e seguridade que se foron aplicando para frear o avance do COVID-19”.
“RECIBOS DE UN EURO”
En todo caso, o rexedor puntualizou que, “por esixencias normativas”, a partir do mes de xullo e con carácter bimensual, “emitiranse recibos por un valor absolutamente simbólico de ao redor dun euro; á marxe do canon autonómico da auga”.
A medida súmase ao plan de reactivación económica e social dirixido a todas as persoas autónomas do Concello que se puxo en marcha no pasado exercicio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...